Agota Kristof | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 30 de outubro de 1935 |
Lugar de nacemento | Csikvánd |
Falecemento | 27 de xullo de 2011 |
Lugar de falecemento | Neuchâtel |
Soterrada | Kőszeg |
Nacionalidade | Hungría e Suíza |
Ocupación | escritora, dramaturga e poeta |
Coñecida por | O gran caderno |
Premios | Prémio Kossuth, Prix du Livre Inter, Preis der SWR-Bestenliste, Austrian State Prize for European Literature e Gottfried-Keller-Preis |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Agota Kristof ou Ágota Kristóf, nada en Csikvánd o 30 de outubro de 1935 e finada en Neuchâtel o 27 de xullo de 2011, foi unha escritora húngara. Residiu en Suíza e escribiu en lingua francesa.
Marchou do seu país con 21 anos, cando a revolución húngara foi asolagada polas tropas do pacto de Varsovia, marchando co seu marido (profesor de historia na escola) e a súa filla de 4 meses a Neuchâtel. Logo de 5 anos traballando nunha fabrica, separouse do seu marido e deixou o traballo, comezando a estudar francés e a escribir nese idioma.
Os seus primeiros pasos como escritora foron no ámbito da poesía e o teatro (John et Joe, Un rat qui passe), malia ser unha das facetas da súa obra con menor impacto. En 1986 aparece a súa primeira novela, O gran caderno. A secuela titulada Le Preuve chegou 2 anos despois. En 1991 apareceu a terceira parte, Le Troisième mensonge.
Agota Kristof recibiu o premio europeo á literatura francesa por O gran caderno, sendo esta obra traducida a máis de 30 idiomas.